O touro «Xacobeo» convértese no mellor semental de España

O touro Xacobeo, nacido en agosto do ano do ano 2003, lidera desde o ano 2008 e sen interrupcións o ránking dos mellores sementais por ICO (Índice Combinado Español). Este índice fai referencia á produción e calidade do leite das súas fillas, morfoloxía, lonxevidade, fertilidade e sanidade nas ubres, entre outros diversos parámetros.

Xacobeo é un dos 400 sementais de raza frisoa que pertencen á empresa Xenética Fontao, participada por Medio Rural e con sede en Lugo, do que se distribuíron 275.000 doses seminales. Delas, 75.000 exportáronas a Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Alemaña, Francia, Holanda, Italia, Suecia, Finlandia e Irán. Neste último país funciona un número reducido de ganderías selectas de raza frisoa e para cubrir ás femias solicitaron seme do campión español.

Tres fillos do líder do ránking, que naceron en Gran Bretaña, Holanda e Alemaña, de nais destes países, están xa a proba en Xenética Fontao, para comprobar se manteñen os índices do seu pai.

Xacobeo non só figura no primeiro posto do ránking español, senón que foi número un por tipo no Reino Unido e mantense no prestixioso ránking Top 100 TPI Internacional, de Estados Unidos. Se as súas doses seminales son moi apreciadas no estranxeiro, non o son menos en Galicia. Máis de 110.000 foron adquiridas por gandeiros da comunidade autónoma para inseminar ás súas vacas leiteiras en produción, o que fai que nas praderías galegas pasten centenares de fillas deste laureado exemplar.

Fotógrafo especializado

Xacobeo é o número un e, como tal, trátano para todos os efectos, ata no que a imaxe se refire. As fotos da súa book realízaas un fotógrafo canadense especializado en animais, que se despraza a Lugo para tomar as instantáneas. O touro comparte cuadra cos sete seguintes do ránking: Boer, Ordes, Tunnoi, Once, Monroi e Duno. Todos eles son galegos e converten á comunidade autónoma en referente en xenética frisoa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s