Indultan ao touro que se escapou e sementou o pánico no Porriño

O touro de máis de 400 quilos que o pasado luns se escapou dun matadoiro do Porriño (Pontevedra) e sementou o pánico entre os veciños ata que foicapturado ao día seguinte na Veigadaña (Mos) será indultado e doado a unha fundación, que se encargará de coidalo nunha leira na provincia de Barcelona.

Así o confirmaron a EFE fontes da Fundación Altarriba, que esta tarde recibirá ao animal no matadoiro do que se escapou e ao que foi devolto para, en principio, ser sacrificado, cousa que non sucederá tras recibir o indulto ao estilo dos mellores hastados de lida.

Trátase dun exemplar novo, duns tres anos de idade, de touro mestizo que o pasado luns se deu á fuga tras saltar un enreixado de máis dun metro de altura e romper despois un valo que rodea o matadoiro Frigolouro.

Na súa fuxida, o touro sementou o pánico ao cruzarse con peóns e coches, obrigou a parar a un tren e intentou embestir a un policía, ata que finalmente alcanzou unha zona boscosa onde permaneceu oculto ata a mañá seguinte, cando foi cercado por un amplo dispositivo policial e neutralizado con dous dardos tranquilizantes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s