A Xunta anuncia a posta en marcha da marca de calidade do leite galego que dará “máis garantías aos gandeiros e máis garantías aos consumidores”

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este mediodía, trala reunión do Consello da Xunta, a posta en marcha da marca de calidade do leite galego que “proporcionará –dixo- máis garantías aos gandeiros e máis garantías aos consumidores”. Feijóo asegurou así que, “con esta medida, nos vindeiros meses poderemos consumir o leite con garantía de que a súa orixe é da nosa comunidade; os gandeiros verán recoñecida, revalorizada e protexida a calidade do leite que venden, e os consumidores saberán se a leite que se envasa no brik é galega ou non”.

O presidente autonómico, que asegurou que para mellorar a competitividade do leite é preciso reforzar a imaxe de marca, garantiu o esforzo e o traballo da Xunta para estar ao carón do sector lácteo “durante todo o tempo que dure a crise económica e, moi especialmente, -dixo- a crise dos prezos por dumping que se están a producir no leite galego”.

“Vamos a seguir plantexando a axuda que poidamos ás 13.500 explotacións gandeiras lácteas que temos en Galicia; o fixemos con medidas de choque de máis de 90 millóns de euros que puxemos a disposición dos gandeiros, o fixemos con axudas directas aos produtores de ata 20 millóns de euros e o fixemos coa modificación da Lei do Solo para facilitar determinadas necesidades do medio rural sobre todo no que se refire ao agro e á gandería”, lembrou.

Transparencia
Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural reiterou que con esta iniciativa se busca achegar transparencia ao mercado e contribuír a revalorizar as gandarías galegas que traballan para ofrecer ao consumidor un produto de alta calidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s