Leite envasada: non se recicla

Consulta:

Por Internet circula información sobre a reciclaxe e reutilización do leite envasada en bricks, unha vez caducada. Outro bulo máis. A propia compañía encargada de fabricar eses envases desmentiuno, e publicou un vídeo explicativo.

Resposta:

Desde hai tempo vén circulando por internet unha información falsa sobre a reciclaxe do leite envasada en brick, en cartón.

Segundo esas informacións, os números que aparecen no fondo do envase indican as veces que o leite caducado ha volto a ser reciclada para a súa venda e consumo.

A realidade é que esas cifras son números que identifican do lote da materia prima usada para fabricar os bricks.

Moitos dos nosos socios pedíronnos información respecto diso, e aínda que se lle proporcionamos de maneira individual, desde hai pouco o propio fabricante dos envases, Tetra Pack, puxo a disposición da xente un vídeo explicativo que poden consultar aqui:

Advertisements

One thought on “Leite envasada: non se recicla

  1. Eu son unha das persoas que dende hai un tempo lle miraba o numeriño ese, e sempre collo os briks que non teñen ningún. Según se ve neste video, todos van numerados do 1 ata o 7 ou 8, ¿por qué daquela hainos sen número?
    En calqueira caso parecíame que en Galicia non tería moito sentido ese reciclaxe tras reciclaxe. é dicir, non acababa de dárlle creto, pero sí escollía o sin nº

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s