O valor dun litro de leite

Volven os tractores a tomar Santiago. Resulta moi difícil mirar para outro lado e pensar que as cousas se van arranxar por si soas. Todos temos a obriga de chamar a atención sobre un problema moi grave que ten Galicia, que vai moito máis alá do prezo do litro de leite; estamos a falar entre outras cuestións do futuro do campo galego, das oportunidades de traballo, dunha forma de vida, da organización do territorio ou da calidade alimenticia e, polo tanto, da saúde e benestar futuros.

Os problemas das actividades económicas no medio rural teñen na miña opinión dúas causas orixinarias importantes: por unha parte, a forma en que se miden estas actividades e, por outra, a maneira en que se xestionan por parte das Administracións implicadas.

En cuanto á primeira cuestión, hai que dicir que as formas actuais de cuantificar as actividades económicas no medio rural son incompletas e non responden aos retos de elaborar unha nova política agraria respectuosa co medio, que reequilibre o territorio, que xere produtos de calidade… Poñamos por exemplo a produción de leite. ¿Cal é o valor dun litro de leite? Dende a óptica dunha xestión económica a medio e longo prazo, o valor dun litro de leite debe ser como mínimo (sen contar os marxes de beneficio lóxicos) a suma dos custos de produción máis as externalidades positivas que xera. A idea é moi simple, a implantación de políticas para a fixación da poboación no rural, coas súas correspondentes consecuencias en canto a coidado do medio, loita contra incendios, reequilibrio do territorio, produción de alimentos de calidade…; todo elo ten un valor. Pois a cada litro de leite producido correspóndelle una parte proporcional de dito valor, na medida en que a produción láctea é un instrumento de enorme relevancia na execución de ditas políticas. En canto á xestión das actividades económicas por parte das Administracións implicadas sempre foi deficitaria (basta ver que en Galicia o agro está morrendo silenciosamente), dado que non se enfocaron como actividades prioritarias, con un papel principal no desenvolvemento de Galicia máis alá das estritas regras do mercado.

¿Que facer por tanto? Por parte das distintas Administracións, en primeiro lugar, que executen axudas inmediatas e urxentes ao sector, dado que se sabe con certeza que o valor dun litro de leite é moito máis que o que revelan as distorsionadas regras do seu mercado e que o tempo acábase para a acción política (non hai novas xeracións esperando para traballar no campo). En segundo lugar, establecer unha rigorosa contabilidade socioeconómica que recolla dun modo amplo o papel das actividades económicas no medio rural, como un instrumento de respaldo fundamental para a súa proxección futura. Por parte dos gandeiros e organizacións agrarias, ofrecer datos consistentes de que o valor dun litro de leite é moito máis que a suma dos custos de produción e un mísero marxe de supervivencia. Todos os cidadáns debemos apoiar ao sector lácteo galego, pois da forma de valorar un litro de leite pode depende unha parte importante do noso futuro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s